Custodia do territorio
En Néboa Medio Ambiente as actividades de divulgación da ESCOLA DE NATUREZA van acompañadas de actividades de traballo directo no medio natural nas que adoitan participar veciños dos concellos da comarca do Eume e da comarca de Ferrol e voluntarios da asociación, que organizados en grupos de traballo e recuperando un pouco as antigas prácticas de traballo comunal baixo a fórmula da custodia do territorio, saen cada ano ás beiras dos ríos, ao mar e ao monte para realizar:
- Limpezas
- Desbrozados
- Plantacións
- Inspeccións de ríos
- Inventarios de flora e fauna
- Campos de traballo de medio ambiente