Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

As Nosas Actividades

As Nosas Actividades

As Nosas Actividades

En Néboa Medio Ambiente pensamos que o coñecemento é a base do respeto ao medio natural e por iso a entidade está concebida como unha ESCOLA DE NATUREZA e as súas programacións anuais inclúen numerosas actividades que fan especial fincapé no coñecemento da flora, a fauna e o patrimonio etnográfico da contorna máis próxima a nós.

Tamén pensamos que sensibilizar sobre os problemas medio ambientais que padece a nosa contorna e traballar directamente no medio natural para tratar de resolvelos é fundamental para remover conciencias e promover pequenos cambios de costumes que nos leven a adoptar modelos de vida máis respetuosos co medio ambiente. Por iso a programación anual da asociación tamén inclúe numerosas actividades de CUSTODIA DO TERRITORIO.

ESCOLA DE NATUREZA

Saber Máis

CUSTODIA DO TERRITORIO

Saber Máis