Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

Quen somos?

Néboa Medioambiente

A asociación Néboa Medio Ambiente é unha entidade ecoloxista aberta a calquera persoa amante da natureza.

Somos unha entidades sen ánimo de lucro, que dende o seu nacemento alá polo ano 1.996 ata a actualidade conseguimos reunir un grupo de persoas con idades e intereses moi variados, pero todas cun distintivo común, o amor polo seu entorno natural, e tamén moitas gañas de coñecelo e aprender cada día cousas novas, e coa vontade de unirse para facer xuntos actividades encamiñadas a coidar e protexer o medio natural.