Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

A maxia da fraga

A maxia da fraga

A maxia da fraga

Hoxe tivemos unha marabillosa visita no local da entidade, a visita de Ana Medín. Ana ten un vinculación persoal coa entidade, dende nena participou nalgunha das actividades de Néboa Medio Ambiente e medrou escoitando falar á súa madriña das actividades que facíamos na entidade. Tanto é así que hoxe, convertida en deseñadora gráfica, deixou na entidade un proxecto no que estivo traballando ao longo de moitos meses deste ano 2.026. Ana sabe de moitas das historias que os monitores de Néboa empregamos tanto  nos campamentos na natureza que facemos en colaboración coa Escola de Tempo e Aire Libre Néboa na área natural de Vilarbó, como no obradoiros de medio ambiente da asociación Néboa Medio Ambiente, e escolleu unha desas historias para reinventala e convertila en conto pop-up, ilustrou e deseñou os personaxes das nosas historias dándolles a súa pegada persoal, e redactou unha historia marabillosa de respeto e amor pola natureza que dende hoxe os nenos e nenas que visiten o local da nosa asociación e as nosas actividades poden xa gozar cos dez exemplares que Ana persoalmente recortou e pegou un a un para desfrute dos nosos socios infantís.

Vos deixamos algunha imaxes do seu conto e dende aquí lle agradecemos de corazón o seu traballo e a ilusión con que o preparou para todos nós.