Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS AVES

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS AVES

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS AVES

Dende Néboa Medio Ambiente convidamos a todas as persoas interesadas no mundo da ornitoloxía a realizar unha xornada de observación de aves no paseo marítimo de Neda, na zona póxima ao albergue de pelegríns e o parque infantil; deste xeito queremos conmemorar o DÍA DAS AVES, axudar a ceñecelas un pouco mellor e difundir o seu importante papel ecolóxico nos ecosistemas que nos rodean. Aproveitaremos tamén para difundir as actividades de clube de educación ambiental infantil Merlo Blanco, así que animádevos, nenos ou adultos, pasade o sábado 17 de outubro  polo paseo marítimo entre as 10:30 e as 12:30, nós nos encargamos dos materiais, vós traede ganas de aprender e disfrutar dun ratiño en contacto coa natureza.

Vos agardamos!