Dende hai uns días, xa temos polo local da asociación os materiais que este ano deseñamos para os nenos e nenas do clube de educación ambiental Merlo Blanco. Gracias ás axudas para a realización de actividades de carácter medio ambiental da Deputación da Coruña temos un bo número de mochilas, cadernos de campo, lápices e chapas preparados para entregar aos meniños que participen con nós nas actividades do clube, e tamén sudadeiras co logotipo do clube e chalecos para os monitores que atenden as actividades.
Vos agardamos a todos, ainda estades a tempo de anotarvos e saír con nós a desfutar e coñecer o medio natural. Se tedes nenos/as de 7 a 12 anos de edade, e estades interesados en participar en actividades no entorno natural, contactade con nós no correo medioambiente@neboa.org ou no teléfono 646156421 e vos informarmos de como inscribirse.



