Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

MAZARICOS MOUROS NA RIBEIRA DE NEDA

MAZARICOS MOUROS NA RIBEIRA DE NEDA

MAZARICOS MOUROS NA RIBEIRA DE NEDA

Dende hai un par de semanas estamos a observar na ribeira de Neda un nutrido grupo de mazaricos mouros, ás veces en grupos de cinco, seis, oito, e incluso quince exemplares que se deixan ver a gusto e que puidemos afotar moi ben nestes días, nalgunhas fotos podedes observar incluso os reflexos verdes e violetas da súa plumaxe. Actualmente as colonias máis importantes deste tipo de mazaricos están no Mediterráneo oriental, o Mar Negro, italia e Marrocos. Na Penínsla Ibérica aniña esporádicamente en Doñana e no Levante pero en Galicia trátase dunha ave que se observa raramente de maio a setembro normalmente. Adoita alimentarse de vermes, moluscos, insectos, anfibios e pequenos peixes.

Vos deixamos algunhas fotos destes días para que as disfrutedes coma nós.