Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAREANDO POLAS LAGOAS DE RÍO CALDO

PAXAREANDO POLAS LAGOAS DE RÍO CALDO

PAXAREANDO POLAS LAGOAS DE RÍO CALDO

A Semana Santa se complicou un pouco para os socios do clube Andoriña, a covid afectou a varios membros do grupo e de feito se suspendeu oficialmente a actividade do grupo para estas datas, pero a pesares diso, catro mebros do grupo decidiron saír pola súa conta e manter a visita prevista ás Lagoas de Río Caldo en Baamonde; a primeira parada lles permiteu descubrir unha lagoa pequena pero ben bonita, cun bo bosque de ribeira ben conservado arredor e con poucos lugares de acceso para poder practicar a observación de aves pero no que o día sonlleiro axudou e puidemos observar algúns parrulos, un par de mergullóns cristados e varios paxaros, entre eles o máis destacado quizáis a pica das árbores que se deixou afotar un bo cacho nun poste próximo á lagoa.

A segunda parada nos deixou coa boca aberta a todos pois o que atopamos foi un enorme peche de rede verde con algúns carteis que indicaban a prohibición do paso pola realización de actividades de explotación mineira; a pesares da rede atopamos algún acceso dende o que facer algunha observación e o que puidemos ver foi unha lagoa coa auga completamente marrón polos depósitos resultantes do traballo de extracción da mina, pouos paxaros poidemos observar dende a nosa posición pero si atopamos algunhas cunchas de mexilón de río que parecían indicar o comedeiro dalgunha ave ou mamífero.

A tercera parada a fixemos na área fluvial de Baamonde onde poidemos afotar algunha lavandeira real e unha cegoña que sobrevoaba a zon aproveitando o soleciño da mañá.

Coma sempre, deixamos por aquí algunhas fotos da nosa saída.