Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

2 de FEBREIRO: DÍA DA CANDELARIA

2 de FEBREIRO: DÍA DA CANDELARIA

2 de FEBREIRO: DÍA DA CANDELARIA

Hoxe é o día que toda Galicia celebra o Día da Candelaria, é dicir o día que casan os paxariños na tradición galega, ou dito doutra maneira o día que marca o fin do inverno máis escuro e o inicio da primavera con días un pouco máis longos nos que o solpor vaise retrasando cada día un pouquiño máis. Nesta época a maioría dos paxaros comezan a buscar parella e empezan a reproducirse, os seus cantos xa son un pouquiño diferentes e anuncian tamén a chegada da primavera.

Dende Néboa Medio Ambiente vos convidamos a celebralo e aproveitar estas datas para coñecer un poquiño máis o mundo das aves.

Vos deixamos dous enlaces nos que podedes descargar dous materiais didácticos elaborados na entidade adicados ás aves, unha unidade didáctica e un memori sobre as aves máis habituais na contorna.

Moi feliz día da Candelaria!