Se vos digo a verdade, non sabía que existía un día adicado aos divulgadores ambientais, me enterei de casualidade hoxe ao mediodía vendo as novas da televisión, pero agora que o sei pensei que dende Néboa Medio Ambiente non podía deixar pasar o día de hoxe sen lembralo na web da entidade porque se algo fai Néboa Medio Ambiente é divulgar e concienciar sobre o medio ambiente. O contacto coa natureza foi dende os inicios da entidade o pilar básico no que fundamentamos todas e cada unha das nosas actividades; fomentar o coñecemento do noso entorno máis inmediato nunha sociedade urbanita moi afastada do entorno natural as máis das veces; e promover a participación de nenos, xoves e adultos no coidado do medio natural foron, son e seguirán sendo os fins fundamentais de Néboa Ambiente así que hoxe dende a nosa entidade queremos celebrar este día e desexar seguir outros vinte anos polo menos facendo o que facemos agora, DIVULGAR MEDIO AMBIENTE.