Mañá é o Día mundial do Medio Ambiente, Néboa gusta de celebrar estas datas pero temos claro que o traballo a favor do Medio Ambiente non é cousa dun día senon de todos os días do ano.
Neste Día Mundial do Medio Ambiente nos gustaría lembrar o labor de tantos e tantos voluntarios que levan pasado por Néboa, que levan limpado montóns de veces as beiras dos ríos e do mar, que levan plantado centenares de árbores, que fixeron e seguen a facer educación ambiental cos nenos e xoves da comarca, a pesares dos moitos atrancos que atopan no seu traballo como voluntarios.