Onte conmemoramos o 8M, dende Néboa Medio Ambiente queremos sumarnos a esta conmemoración destacando o papel de moitas mulleres que adicaron boa parte da súa vida ao mundo natural, como investigadoras e naturalistas, pero tamén como voluntarias e activistas que lle diron voz á problemática ambiental e desenvolveron proxectos marabillosos de conservación medio ambiental.
Por sorte poderíamos citar aquí unha morea de nomes, pero hoxe vos traemos as historias de tres destas mulleres:
- Rachel Carson, a primeira persoa que falou dos perigos medio ambientais dos pesticidas; podedes coñecela a través deste conto: Rachel Carson y el libro que cambió el mundo, da editorial Errata Naturae; ou través da súa obra: Primavera silenciosa, da editorial Crítica
- Wangari Maathai, activista keniana que gañou o Premio nobel da paz no ano 2004 reforestando África con millóns de árbores; sobre el vos deixamos un conto: Wangari y los árboles de la paz, de edicións Ekaré, ou o seu libro: Devolver la abundancia a la Tierra, de ediciones Obelisco.
- Susan Fenimore, naturalista e escritora, con títulos como: Diario rural, apuntes de una naturalista, otoño-invierno; y Diario rural, apuntes de una naturalista, primavera-verano.
Moi bon 8M a todos e todas, e desfrutade da lectura!



