Rematado o verán, Néboa Medio Ambiente volve ao seu lugar de traballo habitual, o noso local social na Mourela (Neda), para retomar as actividades da entidade, volcados especialmente na posta en marcha da nosa escola de natureza en versión infantil, o clube Merlo Blanco, que andamos a difundir estes días entre os veciños e veciñas da comarca ferrolá.
Queremos agradecer ao Diario de Ferrol a reportaxe que nos fixeron e que saeu publicada a pasada fin de semana; hai moita xente que nos coñece ben e sabe do traballo que levamos facendo durante os últimos trinta anos, por desgraza sempre existen os que sen coñecer critican o noso traballo por motivos que descoñecemos e dos que non queremos opinar. O coñecemento e a defensa do medio ambiente son realmente o único que nos preocupa e no que concentramos todos os nosos esforzos, os meus como voluntaria dende hai máis de trinta anos nesta entidade, e so dos meus compañeiros igual de voluntarios que eu nesta labor tan marabillosa que facemos na nosa entidade, cos nosos erros e cos nosos acertos, e sobre todo con moita ilusión.
Deixamos por aquí o enlace á noticia:
https://diariodeferrol.elidealgallego.com/ferrolterra/neda/2026-09-27/neboa-medio-ambiente-tres-decadas-sementando-conciencia-ecoloxica-dende-neda-880995.html
E vos animamos aos que tedes nenos e nenas no voso entorno a que eles proben e coñezan as actividades do clube Merlo Blanco, sairemos ao río Belelle, á ribeira de Neda, á lagoa da Frouxeira, ás fragas do Eume, e combinaremos as actividades de coñecemento da natureza no exterior con outras de interior coa idea de coñecer un pouquiño máis a flora e fauna dos nosos ecosistemas. Tedes toda a información nesta web e podedes contactar con nós a través do noso correo medioambiente@neboa.org ou do noso teléfono 646 156 421.