Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

A CANDELORIA: AS VODAS DOS PAXARIÑOS

A CANDELORIA: AS VODAS DOS PAXARIÑOS

A CANDELORIA: AS VODAS DOS PAXARIÑOS

Dicían os avós que polo mes de febreiro se casaban os paxariños e dende logo hai que ver como estes días os trinos dos paxaros teñen un son diferente, a primavera a piques de chegar. Simón estes días tivo a oportunidade de afotar unha morea de paxaros sen apenas  saír da horta da súa casa e paseando un pouco pola ribeira de Neda: paporrubios reais, xílgaros, ferreiriños, ... ben atarefados coa tarefa de buscar parellas para criar. Tamén puido afotar ao miñato en pleno voo... Vos deixo aquí só algunhas das súas fotos.