Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

SEMENTE E A EXPOSICIÓN DAS AVES NO CONCELLO DE NEDA

SEMENTE E A EXPOSICIÓN DAS AVES NO CONCELLO DE NEDA

SEMENTE E A EXPOSICIÓN DAS AVES NO CONCELLO DE NEDA

A escola que o colectivo Semente-Trasancos teñen no lugar do Roxal (Neda) é o espacio que acolle nestes días unha parte da exposición das AVES DO CONCELLO DE NEDA para que os pequerrechos que alí cursan Educación Infantil e Primaria poidan gozar dela, e aprender coa presenza das nosas fotografías nas súas aulas. Tamén os pais dos pequerrechos van ter oportunidade de coñecer a exposición despois dun roteiro polas beiras do Belelle que a xente de sement vai organizar o día 20 e que rematará na escola coa visita á exposición.

Estamos encantados de poder levar a nosa exposición a todos e cada un dos recantos do concello de Neda e de colaborar coas agrupacións locais para difundir o patrimonio natural da contorna que nos rodea.

Vos deixamos unha imaxe do cartaz que a xente de Semente fixo para difundir a andaina do día 20 e dende aquí lles queremos agradecer esta preciosa colaboración coa nosa entidade.