Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

A NOSA EXPOSICIÓN DE AVES VIAXA AO COLE DE ATIOS

A NOSA EXPOSICIÓN DE AVES VIAXA AO COLE DE ATIOS

A NOSA EXPOSICIÓN DE AVES VIAXA AO COLE DE ATIOS

Estes días de febreiro, aproveitando a festa da Candelaria, unha parte da exposición de aves que elaboramos ahi un par de anos gracias a colaboración económica da Deputación da Coruña, viaixou ata Valdoviño, ao cole de Atios. Por unha banda os nenos e nenas máis pequeniños da escola, o alumnado de infantil está a facer actividades sobre as aves coas súas mestras e para as súas clases preparamos unha selección moi básica dalgunha das fotos de aves máis comúns na nosa contorna. Nas clases de terceiro e cuarto de primaria están a participar nun plan Proxecta na modalidade de Proxecto ríos, e para coñecer de primeira man as aves máis comúns nas beiras dos ríos, para as súas clases tamén viaxou outra selección moi básica de fotografías da nosa exposición, e algúns dos materiais didácticos deseñados na entidade sobre as aves: as fichas de aves, nas que os nenos e nenas están a investigar algunha das características desas aves, e tamén o xogo das pisadas naturais co que practicar a identificación das aves dos ríos e da contorna.

Nos encanta prestar os materiais elaborados na entidade e que sexan útiles para o traballo dos mestres nas escolas!