Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

ANDORIÑA VISITA COSPEITO

ANDORIÑA VISITA COSPEITO

ANDORIÑA VISITA COSPEITO

Dentro do programa anual de actividades de Néboa Medio Ambiente ocupan un lugar destacado as visitas a espacios de especial interese ornitolóxico coa agrupación Andoriña; nesta ocasión nos desplazamos a Cospeito onde cargados cos nosos prismáticos, cámaras e telescopios. Alí pasamos unha mañá que empezou fría e con moita néboa pero acabou sendo unha mañá ben sonlleira que acompañou os nosos pasos arredor da lagoa.

Comezamos primeiro observando dende unha das torres situados no borde da lagoa pero o frío da mañá apenas deixou ver máis que unha garza real e unha garza blanca.

Un pouco máis adiante, noutro dos observatorios que bordean a lagoa a cousa comezou a animarse e xa puidemos ver unha lontra e algún mergullón chico.

Bordeando a lagoa observamos os niños das cegoñas que habitualmente habitan Cospeito e subimos a outra das torres para ver un grupo ben nutrido de anátidas onde a distancia dificultou a realización de fotos e a identificación exacta de todos os exemplares. Con todo distinguimos algún cullereiro, algunha cerceta, algún parrulo asubión, algún pato rabilongo, …

Sempre é un placer voltar a Cospeito!!! Animádevos a visitalo!!!