Agora que o confinamento xa non é total e a desescalada nos permite saír unha horiña a camiñar todos os días seguimos aproveitando para observar as aves da nosa contorna e paxarear un pouquiño aínda que os días nublados non axudan moito.
Hoxe vos deixo a foto dunha papuxa montesina, non ten calidade pero é unha ave curiosa que merece o seu espazo na nosa web. Esta papuxa foi observada por María no Pieiro.