Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

AS FOCHAS NO RÍO BASTEIRO

AS FOCHAS NO RÍO BASTEIRO

AS FOCHAS NO RÍO BASTEIRO

Nas andainas dos nosos socios pola contorna do Belelle destes días Simon poido afotar moi ben as galiñas de río, xa había un tempiño que non as víamos así de ben. Son inconfundibles con ese corpo semelante ao dunha galiña pero coa plumaxe escura, a banda blanca que bordea as ás  e que destaca debaixo do rabo sempre erguido, e o escudete de cor bermella que lles cubre a zona entre os ollos ata o peteiro. Non faltaron tampoucoas fotos das lavandeiras reais ou dos ferreiriños polas inmediacións do río Basteiro.