Néboa Medio Ambiente sempre tivo na Deputación da Coruña un dos seus grandes pilares económicos pois sendo unha entidade sen ánimo de lucro coma a nosa, moi baseada no traballo voluntario dos seus directivos e socios, as cotas dos socios nunca serían suficientes para levar a cabo moitos dos proxectos que cada ano nos propoñemos facer.
Este ano unha parte da axuda para investimentos que recibimos da Deputación da Coruña foi empregada na mellora do material óptico da entidade (mercamos un novo telescopio que sen dúbida vai facilitar moito as observacións dos scios que participan nas actividades da agrupación ornitolóxica) e mercamos unha morea de pequenos accesorios que sen dúbida van facer as delicias dos nosos afeccionados á ornitoloxía, dende fundas de camuflaxe ou fundas impermeables para os telescopios, ata sillas e taburetes nos que poder sentarse nas longas horas de observación, mochilas portatrípodes que van permitir trasladar os telescopios montados nos seus trípodes sen ter que recollelos de cada vez nos diversos desplazamentos que realizan os membros de Andoriña ao longo dunha mañá de saída ao campo, ponchos de camuflaxe, hide, ….
Vos deixamos por aquí algunhas fotos das novas adquisicións…. sen dúbida en Néboa desfrutaremos moitos das observacións con estes novos materiais, e sobre todo, do contacto coa natureza e o mundo das aves nas mañás que adicamos ás observacións ornitolóxicas.