Unha das nosas pasións durante o verán é a de observar as moreas de avelaíñas que polas noites se achegan ás luces das instalacións da área natural de Vilarbó, ou que de día durmen en distintos durmidoiros distribuídos polas instalacións, por exemplo na fiestra da cociña; cada día nos gusta observar que especies descansan nela, nos encantan as súas magníficas camuflaxes, unhas parecen tal cal a cortiza dun bidueira, outras teñen a cor verde das follas das árbores ou a cor e forma dunha folla seca, hainas coa forma idántica á dun pau, … nos gusta afotalas e xuntar as que atopamos mortas para observalas con detenimento e procurar identificar a que especies pertencen.
Vos deixamos algunhas fotos desas marabillosas avelaíñas que tanto nos sorprenden duante o verán!