Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

BÁGOAS DE SEREA NAS PRAIAS DA COMARCA

BÁGOAS DE SEREA NAS PRAIAS DA COMARCA

BÁGOAS DE SEREA NAS PRAIAS DA COMARCA

Nesta semana, membros de Néboa Medio Ambiente percorreron varios puntos da costa da comarca para comprobar a chegada de bágoas de serea ou pellets ás costas dos concellos da comarca; no noso percorrido poidemos comprobar que no interior da ría de Ferrol, en concreto na zona de San Valentín, o Puntal de Neda ou o paseo marítimo de Neda, non chegaron máis bolas do habitual; tampouco na praia de Cariño no interior da ría ferrolá, sen embargo nas praias de mar aberto coma por exemplo Doniños o mar está deixando unha clara liña de bolas blancas onde rompe o mar e rematan as olas que cada día barren os areais litorais. As prediccións din que nestes vindeiros días chegarán máis cantidade de pellets ás nosas costas.

Néboa Medio Ambiente ven denunciando hai tempo a presenza deste tipo de materiais en moitas das limpezas de litorais que vimos facendo na desembocadura do Belelle e pola ribeira de Neda todos os anos, e dende aquí queremos amosar a nosa preocupación pola cantidade deste tipo de materiais que están chegando ás nosas praias nestes días, materiais non biodegradables que entran doadamente nas cadeas alimenticias dos animais mariños e provocan danos e incluso a morte á fauna mariña.

Voluntarios de Néboa estanse a sumar a grupos espontáneos ou organizados de limpezas das praias, e en breve convocaremos a os nosos socios para colaborar nas actividades de limpeza das praias; mentras tanto vos deixamos algunhas das fotos da praia de Doniños e as bágoas de serea que alí van aparecendo.