Unha teima de Néboa Medio Ambiente dende hai moitos anos é a de fomentar o cambio de hábitos na sociedade por outros máis respetuosos coa saúde ambiental do medio natural; nesa pequena e á vez grande batalla diaria sempre nos gustou promover a reducción do emprego de plásticos, e sobre todo de plásticos dun só uso, así que gracias ás axudas para actividades medio ambientais da Deputación da Coruña, este ano vimos de deseñar unhas bolsas de tea coas que promover a realización de compras un pouco máis respetuosas co medio ambiente. É outro dos materiais recén saidiños do forno, que axiña comezaremos a repartir entre os socios, colaboradores e participantes nas actividades da entidade Néboa Medio Ambiente.
Pensando xa nas compras do nadal que está a piques de chegar, sentidiño e moi boas compras respetuosas co entorno!