Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

BOTANDO A ANDAR O CLUBE DE EDUCACIÓN AMBIENTAL MERLO BLANCO

BOTANDO A ANDAR O CLUBE DE EDUCACIÓN AMBIENTAL MERLO BLANCO

BOTANDO A ANDAR O CLUBE DE EDUCACIÓN AMBIENTAL MERLO BLANCO

Xa sabedes que para Néboa Medio Ambiente a educación ambiental é un dos nosos grandes obxectivos, e precisamente neste eido da educación ambiental este ano puxemos todos os nosos esforzos nunha actividade que levamos a cabo durante moitos anos e que despois dun tempo parada queremos volver retomar; trátase do clube Merlo Blanco, a sección infantil da asociación, dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 13 anos de edade, e que vai desenvolver as súas actividades en sábados alternos dende as 10:30 ate as 12:30 da mañá. Con Merlo Blanco queremos achegar aos máis novos ao coñecemento do entorno natural.

Se estades interesados non tedes máis que dirixirvos a nós, a través dos teléfonos 646156421 ou 669 111 183, ou a través do noso correo electrónico medioambiente@neboa.org.

Animade a probar a aqueles nenos e nenas que coñezades, estou segura que disfrutarán con nós da experiencia de aprender cousas sobre a flora e fauna da nosa contorna e das saídas que realizará o clube polos espazos naturais máis emblemáticos do concello de Neda e arredores; Merliña, a mascota do clube, agarda para acompañarnos en todas as aventuras do clube.