Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

CAMPO DE TRABALLO DE VILARBÓ

CAMPO DE TRABALLO DE VILARBÓ

CAMPO DE TRABALLO DE VILARBÓ

Levamos unha morea de días sen publicar nada por aquí, pola nosa web, pero non é porque Néboa Medio Ambiente estea de vacacións senon porque durante o verán trasladamos a nosa sede de operacións ás fragas do Eume onde colaboramos na xestión e posta en marcha do campo de traballo de medio ambiente na área natural de Vilarbó. Alí o traballo é moito e o tempo pouco. A pesares do coronavirus, e sempre con todas as medidas de seguridade por diante, unha ducia de voluntarios procedentes de distintos lugares de Galicia se xuntaron este verán para continuar co traballo de limpeza das beiras do río Eume e tamén co traballo de conservaciónn e coidado das fragas autóctonas e de recuperación do bosque de ribeira, que dende hai máis de vointe anos se ven desenvolvendo en Vilarbó, no concello de As Pontes.

Néboa Medio Ambiente forma parte do equipo técnico que xestiona e leva a campo o campo de traballo, e tamén aporta ao campo os seus coñecementos sobre a flora e a fauna do lugar para dalo a coñecer entre os voluntarios que todos os anos nos visitan.

Deixamos un par de fotos do que foi o traballo realizado e un enlace onde podedes coñecer algo máis deste proxecto.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-sol-sae-n-43-salvemos-o-novo-mundo-4511471