Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

CLUBE DE EDUCACIÓN AMBIENTAL MERLO BLANCO

CLUBE DE EDUCACIÓN AMBIENTAL MERLO BLANCO

CLUBE DE EDUCACIÓN AMBIENTAL MERLO BLANCO

Nesta nova entrada na nosa web temos o placer de presentarvos unha nova actividade que dará comezo no local da entidade a partires o vindeiro mes de setembro, trátase do clube Merlo Blanco, unha actividade dirixida a nenos e nenas pensada para achegalos ao coñecemento do medio ambiente, da flora e fauna dos espazos naturais da contorna local, pero dun xeito totalmente vivencial, lúdico e dinámico. O clube terá actividade cada 15 días, cunha sesión de interior ao mes, e outra sesión con saídas aos espazos naturais que rodean o local de Néboa Medio Ambiente: o río Belelle, a desembocadura do río Xuvia, a ribeira de Neda, a lagoa da Frouxeira, …

Se estades interESados no tema vos deixamos máis información nos anexos; tamén podedes chamar ao teléfono 646156421.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR CON NÓS NO NOSO CLUBE INFANTIL DE EDUCACIÓN AMBIENTAL!!!! VOS AGARDAMOS!!!