Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

COÑECENDO A RÍA DE ORTIGUEIRA

COÑECENDO A RÍA DE ORTIGUEIRA

COÑECENDO A RÍA DE ORTIGUEIRA

O pasado domingo 9 de febreiro, o grupo de observación de aves de Néboa Medio Ambiente, encamiñou os seus pasos á ría de Ortigueira, esta vez da man dun magnífico coñecedor do mundo das aves e do entorno ortegano, Xabi Prieto, quen moi amablemente nos acompañou toda a xornada e nos foi desvelando os mellores lugares para facer observación de aves coa marea baixa e a marea alta, os tipos de especies que podíamos atopar en cada un deses lugares, o comportamento das especies de aves presentes na ría de Ortigueira ao longo do ano, o tipo de alimentación desas aves…..

A pesares do vento, foi unha magnífica xornada de observación, cun guía de excepción ao que lle agradecemos de corazón a súa paciencia con nós.