Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

DÍA DA ÁRBORE

DÍA DA ÁRBORE

DÍA DA ÁRBORE

Hai dous días do ano que Néboa Medio Ambiente celebra con especial ilusión, un é o Día das Aves alá polo mes de outubro, e o outro é o Día da Árbore que celebramos o 21 de marzo, este último máis especial ainda se cabe porque o levamos celebrando dende o nacemento da entidade alá polo ano 1.996, porque se algo caracteriza a Néboa son as nosas plantacións, que realizamos non só un día a o ano senón moitos días do ano, e que coidamos con sumo agarimo porque son a base da filosofía desta entidade que cremos firmemente na necesidade de implicar a cidadáns de a pé no coñecemento, o disfrute, a participación e o coidade dos espazos forestais que nos rodean.

Para celebralo con todos vós, vou tirar de nostalxia e publicar algunhas das moreas de fotografías que temos en Néboa, de voluntarios plantando e coidando plantacións de árbores autóctonas na comarca tanto ferrolá como eumesa.

Por certo a nosa plantación pola Día da árbore ímola facer o vindeiro 6 de abril no monte de Ancos (Neda) así que se vos apetece desfrutar con nós dunha mañá de plantación en boa compaña xa sabedes, se fai bon podemos incluso rematar o traballo cunha boa paparota compartida entre todos os participantes.

Por moitos días de celebracións coma este, no monte, xuntos, por un futuro cheo de árbores verdes que nos transmitan sensacións marabillosas!!!!