Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

DÍA DA ÁRBORE 2.023

DÍA DA ÁRBORE 2.023

DÍA DA ÁRBORE 2.023

O martes 21 de marzo celébrase o día da árbores, unha data enblemática para todos os colectivos ecoloxistas e especialmente para Néboa Medio Ambiente, de feito, dende o seu nacemento, se hai a actividade que Néboa Medio Ambiente repite ano tras ano, de todas as maneiras que pode, con socios da entidade, con xoves participantes nos campos de voluntariado de Vilarbó, con nenos do noso clube de educación ambiental, con nenos das escolas, …son as plantacións de árbores. Este ano a nosa celebración particular farémola o vindeiro sábado 25, será en Vilarbó, alí vos esperamos a todos aqueles que queirades plantar unha árbore, e alí voltaremos ao longo do ano para coidalos coma eles ben merecen. Vos deixamos unhas fotos de plantacións de anos anteriores e axiña publicaremos as fotos do Día da árbore deste ano 2.023 que desexamos que todos pasedes plantando e axudando e coidar un pouquiño deste planeta que tanto necesita do agarimo das nosas queridas árbores.