Hoxe pola tarde quedou montada na escola de Bemantes (Miño) unha selección de fotografías da nosa exposición de aves da contorna para que nos vindeiros días poidan traballar con ela os meniños e meniñas que acoden todos os días a esa escola. Este curso están desenvolvendo un proxecto adicado ás aves e sabemos por unha das súas profes que están desexando ver mañá as fotos dos paxariños que enchen unha das aulas da súa escola. Agardamos que lles guste un montón e a disfruten moito!!!
