Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

DÍA DA TERRA E DÍA DO LIBRO

DÍA DA TERRA E DÍA DO LIBRO

DÍA DA TERRA E DÍA DO LIBRO

Onte 22 de abril foi o Día da Terra, e hoxe é o Día do Libro, dúas datas marabillosas que dende Néboa Medio Ambiente queremos lembrar, e se nos ocorre que podemos facelo lendo libros adicados á natureza; hai unha morea de títulos no mercado, dende que Néboa Medio Ambiente naceu fomos construíndo unha pequena pero ben nutrida biblioteca daqueles libros que nos pareceron máis interesante en cada momento segundo o traballo que estabamos a desenvolver dentro da asociación, moita guía de flora e fauna, pero tamén moitos títulos adicados á educación ambiental e tamén literatura infantil para empregar nas nosas actividades cos nenos e neas das escolas. Calquera libro que nos achegue a o medio natural é sempre unha ledicia e hoxe queremos compartir algúns dos títulos adquiridos pola entidade nos últimos meses, a maioría adquiridos gracias á axuda da Deputación da Coruña.

Vos deixo unha fotos coas que poder celebrar xuntos os dous días, o Día da Terra e o Día do Libro, felices lecturas naturais!