Os meses de outono soen ser moi productivos en Néboa Medio Ambiente, a choiva non nos permite saír as veces que nos gustaría a afotar aves, limpar comedeiros, facer limpezas de río ou recoller cogomelos, pero soen ser unha época na que nos recollemos no local e avanzamos facendo compras de materiais para a entidade, deseñando novos materiais didácticos ou oreparando as actividades que imos facer nas escolas.
Neste pasado mes vimos de recibir moitos dos novos materiais mercados para mellorar o traballo que facemos con nenos e xoves nos obradoiros medio ambientais que desenvolvemos ao longo do ano, vos deixamos por aquí algunhas fotos e agradecemos a axuda da Deputación da Coruña para poder mercalos. Canto imos gozar con eles nas actividades que imos levar a cabo durante o 2.026!!!!!!

