Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

EDUCACIÓN AMBIENTAL NOS CAMPAMENTOS DE VILARBÓ

EDUCACIÓN AMBIENTAL NOS CAMPAMENTOS DE VILARBÓ

EDUCACIÓN AMBIENTAL NOS CAMPAMENTOS DE VILARBÓ

O verán está a piques de rematar pero aínda temos na boca o doce sabor que nos deixaron as actividades medio ambientais que levamos a cabo ao longo dos meses de xullo e agosto a pesares do coronavirus, actividades moito máis reducidas do habitual, con moi pouca xente, con mascarillas e moitas medidas de prevención pero coa ilusión de sempre ou máis se cabe.

Xa publicamos algunha foto dos campos de traballo de medio ambiente que realizamos en xullo con voluntarios chegados de distintos puntos de Galicia para colaborar coa Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, e con Néboa Medio Ambiente que aporta os coñecementos técnicos sobre flora e fauna a esta actividade; hoxe, repasando as fotos do verán atopei estas dos rapaces e rapazas dende 8 a 16 anos que pasaron polos campamentos de Vilarbó e coas que Néboa Medio Ambiente levou a cabo algúns roteiros polas fragas do Eume, actividades de observación de aves, colocación de comedeiros para paxaros e xogos de educación ambiental para concienciar sobre a problemática ambiental da nosa contorna. 

Lembranzas dun verán que xa marcha pero que a pesares da incertidume que está a sementar o virus do covid-19 nos deixou pousos de esperanza e moita ledicia.