Despois de dous meses de intenso traballo xa temos no local os primeiros exemplares das unidades didácticas adicadas ás aves que vimos de deseñar na entidade. Trátase dun material didáctico que intenta recopilar información xeral sobre as aves moi simplificada para poder aproveitala con nenos en edade escolar e información para mestres, educadores ambientais e familias que queiran introducir aos seus fillos no mundo da ornitoloxía, un material sinxelo, sen grandes pretensión, pero útil e manexable.
Cando chega a época da Candelaria, especialmente, pero tamén noutros momentos do ano, moita xente se dirixe a Néboa para pedirnos materiais e poder abordar o traballo sobre a festa das aves nas aulas ou en equipamentos medio ambientais. de ahí xurde a idea deste material que agardamos sexa do agrado de todos vós.
En breve comezaremos a repartir exemplares no local da entidade e envialos a centros educativos para telos dispoñibles en canto chegue a festa da Candelaria.
Aquí vos deixamos as primeiras fotos deste material recén saído do forno, unha vez máis gracias á colaboración da Deputación da Coruña.

