Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

EXPOSICIÓN: AS AVES DO CONCELLO DE NEDA

EXPOSICIÓN: AS AVES DO CONCELLO DE NEDA

EXPOSICIÓN: AS AVES DO CONCELLO DE NEDA

Mirade o que estivemos preparando para todos vós! aproveitando o tempo de confinamento e as estancias nas casas dos nosos socios por mor do coronavirus, temos recén saído da imprenta un novo material didáctico. Trátase dunha exposición fotográfica que recolle o traballo dos socios de Néboa Medio Ambiente, e sobre todo dos socios da agrupación Andoriña, nestes últimos anos, exposición que tiñamos pensado inaugurar o pasado 15 de novembro na Casa das Palmeiras de Neda e que tivemos que retrasar por aquelo do peche perimetral nos concellos da comarca ferrolá pero que retomaremos en canto as condicións sanitarias nolo permitan. Mentras tanto vos deixamos aquí algunhas imaxes do material que vai constituír a exposición, exposición  que poidemos financiar gracias á colaboración da Deputación da Coruña.