Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

INAUGURAMOS A EXPOSICIÓN SOBRE AS AVES DO CONCELLO DE NEDA

INAUGURAMOS A EXPOSICIÓN SOBRE AS AVES DO CONCELLO DE NEDA

INAUGURAMOS A EXPOSICIÓN SOBRE AS AVES DO CONCELLO DE NEDA

Por fin despois de varios intentos, as restriccións por mor do coronavirus nos dan un respiro e podemos inaugurar a exposición fotográfica adicada ás aves do concello de Neda.

Trátase dunha exposición sinxela que exhibe as fotografías realizadas polos membros da agrupación ornitolóxica Andoriña no transcurso das súas actividades, ningún deles son fotógrafos profesionais pero todos son grandes amantes da natureza. As imaxes expostas son só unha pequena mostra da grande diversidade de aves que acollen os espazos naturais do concello de Neda, espacios naturais diversos que inclúen as fragas ancoradas nas paredes rochosas da fervenza do Belelle, o bosque de ribeira que medra nas beiras dos ríos Belelle e Xuvia, os bosques de eucaliptos que cubren as abas do monte de Ancos ou o monte Marraxón, o monte baixo das Louseiras ou as marismas que enchen o fondo da ría, sen esquecer os prados, terreos de cultivo e hortas que rodean as zonas habitadas.

A inauguración terá lugar na Casa das Palmeiras de Neda o vindeiro domingo 11 de abril ás 12:00 da mañá e permanecerá aberta ata o sábado 24 de abril; abriráse de luns a venres entre as 17:30 e as 20:00 e os sábados de 11:00 a 13:00 con aforo reducido a 4 visitantes por quenda.