A semana pasada faleceu Jane Goodall, unha muller exemplo para todos como muller, como loitadora, como científica e como ser humano.
Dende Néboa Medio queremos sumarnos ás condolencias polo seu pasamento e lembrar a súa labor como educadora ambiental, a Néboa Medio Ambiente nos gusta a xente de a pé, que traballa polo coñecemento do medio natural e se implica na protección do medio natural de xeito activo, coas súas propias mans.
Dela son frases tan marabillosas coma estas:
“Solo se entendemos, podemos preocuparnos. Solo se nos preocupamos, axudaremos. Solo se axudamos, salvarémonos.”
“ O que fas marca a diferencia, e tes que decidir que tipo de diferencia queres marcar”.
“A xente debería pensar nas consecuencias das pequenas decisións que toma cada día”
DEP Jane Goodal