Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

LIMPEZA NA RIBEIRA DE NEDA

LIMPEZA NA RIBEIRA DE NEDA

LIMPEZA NA RIBEIRA DE NEDA

Este vindeiro sábado 25 de novembro Néboa Medio Ambiente vai realizar unha limpeza na ribeira de Neda, dende a desembocadura do río Xubia pola costa ata a desembocadura do río Basteiro; despois das chuvias do pasado mes, os ríos arrastraron moito lixo (madeira e plásticos sobre todo) así que nos gustaría contar coa maior colaboración posible ese día para retirar canto máis podamos agora que o tempo nos deu unha tregoa. A quedada será ás 10:30 da mañá diante do albergue de pelegríns de Neda.

ANIMÁDEVOS A COLABORAR, PODE SER UNHA MAGNÍFICA MANEIRA DE COMEZAR A FIN DE SEMANA, XUNTOS TRABALLANDO POLO  MEDIO AMBIENTE!

Os que veñades limpar lembrade traer botas; as luvas volas deixamos nós.