Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

MÁIS FOTOS DOS COMPAÑEIROS DE QUEDADA

MÁIS FOTOS DOS COMPAÑEIROS DE QUEDADA

MÁIS FOTOS DOS COMPAÑEIROS DE QUEDADA

O día de onte non acompañou para saír ver aves, o vento que nos trouxo a borrasca Justine sopraba con moita forza, axitaba o mar e impedía incluso soster as cámaras de fotos; aínda así tamén Simón ou Isai saíron por Neda e Fene respectivamente, Simón centrouse na zona do Lotedo e Isai en San Valentín e Maniños.

Isai puido avistar algún corvo mariño e un mergullón valente desafiando as duras condicións climatolóxicas en Maniños e deixou constancia da presencia dunha lavandeira moura por San Valentín.

Simón andivo atrás da foto dun peto real que se lle resisteu, e tamén avistou unha papuxa, algún pimpín, un paporroibo e unha estreliña riscada.

GRACIAS A TODOS POLAS IMAXES DE HOXE E LEMBRARNOS O ENCANTO DAS NOSAS SAÍDAS Á NATUREZA , NESTES TEMPOS DE CONFINAMENTO NAS CASAS SON UN SOPLO DE AIRE FRESCO PARA TODOS E TODAS OS SOCIOS E SOCIAS DE NÉBOA MEDIO AMBIENTE.