Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

MELLORANDO O ALMACÉN DE NÉBOA MEDIO AMBIENTE

MELLORANDO O ALMACÉN DE NÉBOA MEDIO AMBIENTE

MELLORANDO O ALMACÉN DE NÉBOA MEDIO AMBIENTE

Nas publicacións que habitualmente facemos na nosa web, case sempre vos falamos de actividades que realizamos no medio natural cos nosos socios ou actividades que realizamos de cara ao público.

Coa entrada que publicamos hoxe quero dar a coñecer outros aspectos do traballo na entidade Néboa Medio Ambiente, traballo silencioso e descoñecido que realizan os voluntarios da entidade para poder sacar adiante as actividades da asociación, traballos moitas veces administrativos, outras veces de limpeza e orden, … Nestes días os voluntarios de Néboa tiveron moito traballo arranxando o espacio que adicamos a almacenamento dos materiais da entidade, un espazo húmido e desorganizado que gracias á colaboración de todos eles e a unha pequena aportación económica do concello de Neda para mercar os materiais cos que arranxar este espacio no local social de propiedade municipal no que levamos instalados unha morea de anos, se convirteu nun espacio moito máis acolledor no que poder organizar convenientemente as ferramentas de traballo da entidade, os materiais didácticos elaborados no transcurso dos últimos anos, os materias das exposicións e das observacións ornitolóxicoas. Gracias á Deputación da Coruña poidemos mercar as estanterías e todo tipo de caixas nas que poder gardar todos os nosos materiais de traballo. 

Nestes días estamos a traballar na clasificación do noso material e na organización das caixas así que en breve poderemos amosar algunha foto do noso almacén totalmente rematado, mentras tanto vos deixo unhas fotos do traballo dos días anteriores e o agradecemento da directiva de Néboa Medio Ambiente a todos os voluntarios que  están a facer posible o novo almacén: Rojo, Emilio, Simón, Gabriel, Gerardo, Begoña, … e tamén ás administracións que están a facer posible a ansiada mellora deste espacio de almacenamento tan importanto para a entidade..