Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

MERLO RIEIRO

MERLO RIEIRO

MERLO RIEIRO

​Depois do traballo realizado nas fragas do Eume durante o verán os membros de Néboa Medio Ambiente pouco a pouco van volvendo á súa vida cotiá e volven a coller as cámaras de fotos para afotar as aves da nosa contorna; desta vez foi Simón quen se achegou ás beiras do río Xubia e conseguiu avistar a afotar o merlo rieiro, esa ave tan características dos nos cursos fluviais e tan inconfundible polo seu babeiro blanco e os seus movementos sobre das rochas que sobresaen dos ríos.

Aquí vos deixamos un par desas fotos. Nos vindeiros días comezarán de novo os encontros da agrupación ornitolóxica Andoriña, con aforos reducidos por mor do coronavirus, pero con todas as ganas de aprender e coñecer cada día un pouco máis das aves da nosa contorna.