Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

NÉBOA MEDIO AMBIENTE EN MARCHA… TAMÉN NO VERÁN

NÉBOA MEDIO AMBIENTE EN MARCHA… TAMÉN NO VERÁN

NÉBOA MEDIO AMBIENTE EN MARCHA… TAMÉN NO VERÁN

Coma todos os anos, os membros de Néboa Medio Ambiente nos trasladamos ás fragas do Eume para pasar o verán colaborando coa asociación Escola de Tempo e Aire Libre Néboa no desenvolvemento de campamentos na natureza dirixidos a nenos e xoves, de campos de traballo de medio ambiente e de campamentos con discapacitados encargándonos da parte medio ambiental destas actividades, guiando roteiros de sendeirismo polas fragas de Vilarbó, desenvolvendo obradoiros de medio ambiente e asesorando as labores medio ambientais do campo de traballo. Moito esforzo en mes e medio e sempre unha enorme satisfacción e un privilexio poder durmir en plenas fragas, desfrutar do contacto directo coa natureza durante días, contribuír ao coidado das fragas coa plantación e o coidado de especies autóctonas que cada ano plantan os voluntarios dos campos de traballo e o campamento de discapacitados, e achegar xente nova a un espacio natural tan excepcional como son as fragas do Eume.