Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

NOVA SAÍDA DA AGRUPACIÓN ANDORIÑA

NOVA SAÍDA DA AGRUPACIÓN ANDORIÑA

NOVA SAÍDA DA AGRUPACIÓN ANDORIÑA

O pasado 28 de decembro, para despedir o ano, varios membros da agrupación se reuniron ben cediño para desplazarse ao interior da ría ferrolana e facer unha sesión de observación de aves.

As temperaturas a primeira hora da mañá eran realmente baixas e a néboa dificultou moito a toma de fotografías. Tocoulle primeiro o turno ao Seixo e alí ppidemos obsevar a garza blanca, a garza real e a garzota común; tamén algúns corvos mariños e biluricos e un par de carráns pousados nas boias dos barcos.

A media mañá nos desplazamos ao porto de Maniños e alí un grupiño de trece mergullóns fixeron as nosas delicias se ben estaban a bastante distancia para afotalos con certas garantías uns novatos coma nós nesto da fotografía.

Un magnífico xeito de despedir o ano, paxareando. Feliz ano 2.020 a todos.

Unha paradiña en San Valentín e outra no porto de Neda, pero sen nada importante que resaltar, completou a xornada