Habitualmente os meses de maio e xuño primeiro, e outubro.novembro despois, a directiva de Néboa adicamos tempo ás compras de novos materiais que axuden a mellorar cada unha das actividades que realizamos na entidade. Xusto nestes días vimos de rematar diversas compras de materiais adquiridos gracias á axuda para investimentos que nos concede a Deputación da Coruña e estamos como nenos pequenos con zapatos novos estreando, probando, colocando, … as novas compras. Ademáis dun ordenador portátil que poder levar con nós ás actividades que facemos sobre todo fora do local da entidade, mercamos oito microscopios lectrónicos de mesa e nove microscopios dixitais de man para empregar nas actividades de observación da flora e a fauna que facemos con nenos, e tamén unha cámara de fototrampeo que en breve colocaremos na área natural de Vilarbó e unha cámara para grabar dentro dunha caixa niño.
Vos deixamos por aquí algunhas fotos e agrdecemos de corazón a colaboración da Deputación da Coruña para poder facer posibles estas compras que tanto contribúen a mellorar o noso traballo a favor do coñecemento e a conservación do medio natural.

