Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

O VERÁN DE NÉBOA MEDIO AMBIENTE

O VERÁN DE NÉBOA MEDIO AMBIENTE

O VERÁN DE NÉBOA MEDIO AMBIENTE

No verán tivemos un pouco desantendida a nosa páxina web pero aquí estamos cun breve resumo das actividades que nos mantiveron moi ocupados nos meses de xuño, xullo e agosto e algunhas fotiños; xa sabedes que no verán moitos dos socios de Néboa Medio Ambiente nos trasladamos a Vilarbó (As Pontes) para colaborar coa Escola de tempo e aire libre Néboa na súa campaña de verán  encargándonos da realización das actividades de carácter medio ambiental, dos roteiros polas fragas do Eume e os obradoiros de medio ambiente que realizan os nenos e nenas que participan nos campamentos de verán que alí teñen lugar durante o verán, do asesoramento do traballo de plantación e coidado das plantacións que alí realizan o voluntarios do campo de traballo de medio ambiente de Vilarbó e os rapaces e rapazas con diversidade funcional que participan nos campamentos de discapacitados. Foi un traballo realmente intenso, pero tan intenso como apaixoante pois nos permite intervir directamente no coidado e conservación das fragas de Vilarbó ao tempo que facemos educación e sensibilización medio ambiental fomentando a sustitución de hábitos cotiás perxudiciais para o medio ambiente por outros hábitos máis respetuosos co medio como son a reciclaxe ou o emprego de xabóns biodegradables no aseo diario. E todavía máis, nos permite disfrutar do contacto coa natureza no entorno envexable das fragas do Eume e realizar actividades de coñecemento da flora e da fauna da zona con todos os participantes nas actividades da campaña de verán de Néboa.

 

As fotos dan boa conta do que alí fixemos e disfrutamos.