Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

OBRADOIRO DE CAIXAS NIÑO

OBRADOIRO DE CAIXAS NIÑO

OBRADOIRO DE CAIXAS NIÑO

Posto que a chuvia e os temporais non dan tregoa neste mes de novembro, as saídas micolóxicas programadas dende a escola de natureza e as observacións ornitolóxicas da agrupación Andoriña non se están podendo levar a cabo así que o pasado sábado decidimos xuntarnos varios socios da entidade para construír algunhas caixas niño que colocar na primavera na área natural de Vilarbó; nesta ocasión adicámonos a construír caixas niño para páridos (ferreiriños básicamente) e deseñamos tamén un par de caixas niño para morcegos para probar por primeira vez posto que ata agora non nos decidiramos a experimentar con elas. 

Vos deixamos algunhas fotos realizadas no transcurso da mañá; en canto o tempo mellore alá polo inicio da primavera as colocaremos en Vilarbó e pasarán a formar parte da colección de caixas niño repartidas por varios puntos da fraga de Vilarbó e que mensualmente atendemos: afotamos, limpamos, enchemos de comida os comedeiros situados nas proximidades, …