Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

OBRADOIRO DE COCIÑA

OBRADOIRO DE COCIÑA

OBRADOIRO DE COCIÑA

Esta fin de semana retomamos a axenda de Néboa Medio Ambiente e participamos nun obradoiro de cociña ecolóxica, esta vez coas bebidas como protagonistas, pero sen esquecer os postres posto que a elaboración de refrescos naturais rematou cunha boa paparotada comunal na que non faltaron o viño ecolóxico galego, a cervexa artesanal de kilómetro cero, o requeixo ecolóxico producido na comarca do Eume e outros productos lácteos ecolóxicos galegos e a repostería ecolóxica.

Vos deixamos por aquí as imaxes dos refrescos elaborados con froita ecolóxica que consumimos no xantar e as receitas deles, moi, moi sinxelas:

  • Laranxada con arandos: enchemos unha xarra de auga, engadimos o zume de seis laranxas, dúas laranxas cortadas en cuartos, dous puñados de arandos e unhas follas de menta ou albahaca; deixar unha horas na nevera e servir con ou sen azucre/stevia cunhas pedras de xeo que a calor acompaña.
  • Auga de amorodos: nunha xarra de auga poñemos o zume de catro limóns, dous limóns cortados en cuartos, unha boa cunca de amorodos cortados en pedazos e unhas follas de albahaca; deixar enfriar na neveira e servir con ou sen azucre e xeo.
  • Pomelo e romero: neste caso poñemos auga nunha xarra e o zume de tres pomelos, engadimos un pomelo cortado en pedazos e unhas ramiñas de romeiro. Arrefriar na neveira e servir con azucre/stevia e xeo.