Esta fin de semana algúns membros de Néboa estivemos na área natural de Vilarbó, e ademáis de aproveitar para recolectar algúns cogomelos, levamos a cabo un obradoiro de mamíferos no transcurso do cal os participantes recibiron información sobre os principais mamíferos que podemos atopar nas fragas de Eume e algúns dos seus costumes e hábitos, e aprenderon tamén a identificar as pegadas deles. Para iso nos adentramos na fraga de Vilarbó e percorremos as beiras do río Eume en busca de rastros que delataran a presenza destes animais pola zona: follas e árbores comidas por eles, cortizas de árbores onde os corzos deixan os pelos cando se rascan, excrementos, esqueletes, terra remexida polos xabaríns e zonas de baño deles… e sobre todo pegadas. As pegadas máis frecuentes foron as do xabarín e as do corzo, sobre todo deste último atopamos moitos rastros e aprendimos moreas de curiosidades sobre el.
Vos deixamos algunha foto do obradoiro no que os asistentes aprenderon entre outras cousas a sacar moldes de escaiola das pegadas atopadas.
Vos animamos a saír a calquera río, campo ou bosque en busca de animais mamíferos, moitos dos cales son de hábitos nocturnos e se deixan ver pouco, pero dos que é doado atopar rastros que delatan a súa presenza.