Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

OUTUBRO, O MES DAS AVES

OUTUBRO, O MES DAS AVES

OUTUBRO, O MES DAS AVES

Outubro é o mes que comeza coa celebración do Día Mundial das Aves, un mes no que os ornitólogos e os afeccionados á ornitoloxía non deixamos de facer o que facemos habitualmente, saír aos espacios naturais da nosa contorna para bichear, observar e afotar esas aves marabillosas que non deixan de sorprendernos pola súa beleza, polo seu comportamento, pola súa presencia, pero un mes tamén no que nos gusta lembrar a importancia do coidado do medio natural no que as aves desenvolven o seu día a día, un entorno cada vez máis ameazado polo xeito de vida do ser humano que ocupa os hábitats das aves para construír, que emite cada día unha morea de sustancias contaminantes que dunha maneira ou outra chega ás aves da nosa contorna, que abandona o medio rural e os sistemas de produción máis tradicionais e sostibles, e que en definitiva se deterioran e supoñen unha enorme perda de biodiversidade animal.

Noutras ocasións o Día Mundial das aves nos pilla aos membros de Néboa Medio Ambiente bicheando e aproveitamos para sacar á rúa a pancarta conmemorativa do día, estes días nos pilla polo local da asociación, rodeados de ordenadores nos que estamos a rematar os deseños de novos materiais didácticos cos que seguir a traballar promovendo e difundindo o coñecemento e o respeto dos espacios naturais que nos rodean, e por suposto tamén, das aves máis frecuentes nesa contorna así que este ano a pancarta do Día Mundial das Aves loce na fachada do local da asociación.

Vos pille onde vos pille a vós o Día Mundial das Aves, non deixedes de celebralo, no primeiro, no segundo ou no terceiro fin de semana de outubro, se pode ser paxareando mellor que mellor, e en calquera caso que vos colla a todos e nos colla a nós traballando, participando e mellorando cada día un pouquiño dos nosos hábitos para acadar un medio ambiente máis sano e sostible para as nosas aves.