Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PANEIS EXPLICATIVOS PARA AS FRAGAS DE VILARBÓ

PANEIS EXPLICATIVOS PARA AS FRAGAS DE VILARBÓ

PANEIS EXPLICATIVOS PARA AS FRAGAS DE VILARBÓ

Nestes días vimos de recoller os catro paneis explicativos adicados á flora e a fauna das fragas de Vilarbó (As Pontes) que os membros de Néboa Medio Ambiente estiveron a deseñar nos últimos meses gracias a unha axuda da Deputación da Coruña; en poucos días pasarán a formar parte da paisaxe de Vilarbó onde serán de grande utilidade para os monitores que alí realizan actividades de educación ambiental, para os voluntarios que cada ano acoden ao campo de traballo de medio ambiente de Vilarbó, para os sendeiristas que durante todo o ano percorren os sendeiros da zona e en xeral para todos so amantes da natureza que visitan con frecuencia a zona.

Non podemos estar máis orgullosos das fotos dos nosos paneis, todas quitadas e recopiladas ao longo de moitos anos de estancia nese espacio natural por parte dos membros de Néboa, dos textos e dos paneis que estamos desexando xa ver alí ao lado dos camiños que tan ben coñecemos.